Orquesta París de Noia 2013 - 21 - Boiro

Hoxe mesmo, 7 de decembro a partir das 20.00 horas e ata as 08.00 de mañá terá lugar en Silleda a quinta edición do Closing Tour coa participación de catro formacións orquestrais de primeira liña: PARÍS DE NOIA, CINEMA, MARBELLA e TEKILA.

Tres orquestras galegas de renome e o grupo asturiano TEKILA poñerán sobre o escenario doce horas de espectáculo, onde se poderán ver as primeiras novidades de cara á temporada 2017: caras novas nalgunhas das agrupacións, primeiros temas preparados xa para a próxima temporada e mesmo, no caso de MARBELLA LIGHTS SHOW, un novo escenario.

Cada unha das formacións musicais ofrecerá dous pases de hora e media ata que conforman un espectáculo de doce horas de música ininterrompida (dúas horas máis que nas anteriores edicións). Ademais, os asistentes poderanse facer fotos no photocall con algúns dos integrantes das formacións, unha das propostas do evento que máis éxito ten desde a primeira edición.

As instalacións (pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia ABANCA) gozan dunha excelente climatización e ofrecen servizo de restauración e roupeiro.

As entradas custan 10 € e son gratuítas en caso de menores de 12 anos (acompañados de adultos). No caso do aparcadoiro, é de acceso libre.

Toda a información en www.closingtour.com

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*