Chegou o día da solidariedade

0
336

II Gala contra o cancro 2009 Concello de Ordes

A orquestra PANORAMA, por segundo ano consecutivo, organiza unha gala para recadar fondos a favor da loita contra o cancro. A festa solidaria consiste nun macroconcerto no que a formación musical compartirá o seu escenario con artistas como David Bisbal, Marta Sánchez, Carlos Baute, Bustamante, OBK, Kiko y Shara, Melocos, BNK, Sergio Mendes e Astarot, á parte de varios integrantes do programa de Cuatro Fama, a bailar!

INFORMACIÓN SOBRE O CONCERTO SOLIDARIO

O concerto comezará a partir das 23.00 horas no Campo da Feira de Ordes e é gratuíto.

Os beneficios a favor da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) sairán da venda de camisetas a 5 € e do DVD da Gala Fin do XX Aniversario da orquestra PANORAMA, gravado en Ordes en 2008, a 10 €.

Farase en directo desde o Museo do Traxe de Ordes (situado detrás do escenario da orquestra) o programa Pensando en ti, da Radio Galega, presentado por Marcial Mouzo, a partir das 3 da mañá, como vén sendo habitual. A entrada é libre.

Os seguidores da orquestra PANORAMA poderán recoller completamente gratis a súa camiseta exclusiva, como cada ano, presentando o DNI ou o carné de fan. Na entrada da discoteca LP 45 a partir das 20.00 horas.

Gran festa en LP 45 despois de rematado o concerto.

APARCAMENTO: O Concello habilitará 200.000 metros cadrados de aparcamento. Indo por autoestrada recoméndase aparcar nos terreos habilitados en O Paraíso e indo por estrada nas zonas sinalizadas como tal. Os arredores do recinto permanecerán cortados ao tráfico e algunhas rúas estarán tamén cortadas.

150 persoas velarán pola seguridade dos asistentes.

Sen comentarios

  1. Sin duda a parte de ser a mellor orquesta de Galicia con diferencia tamen sodes os que tedes mellor corazon, xa non solo pola gala senon por certos detalles nos descansos con vos no escenario. Moita sorte pa hoxe porque a merecedes toda, os fans estaremos sempre con vos. Forza Panorama.

Deixa unha resposta


*