Para levar a orquestra metida nun CD

0
393

orquesta-capitol-novo-cd-promo

NOVOS TRABALLOS DE CAPITOL, COMPOSTELA, PARÍS DE NOIA, MARBELLA, ABANICO, GALILEA, OLYMPUS, PANORAMA E GRAN PARADA

Xa está á venda o novo CD da orquestra CAPITOL, pódese adquirir nas tendas de discos ou nas festas onde actúe a formación musical. Pero este novo traballo non é o único, en cuestión de días sae ao mercado o novo da orquestra COMPOSTELA para conmemorar os 90 anos de existencia da xa mítica formación compostelá.

A verdade é que nos últimos tempos as orquestras de Galicia traballan para ofrecer ao público os seus temas en formato CD ou DVD como complemento ás verbenas e galas realizadas ao longo de toda a xeografía galega e fóra das nosas fronteiras. Hai apenas uns meses saía ao mercado o primeiro CD da orquestra ABANICO de Rianxo titulado abanico …báilalo e o de GALILEA, unha orquestra da Estrada que tamén aposta por este soporte para difundir o seu traballo. E aínda hai menos tempo que saíu, tamén en CD, o traballo da orquestra MARBELLA LIGHTS SHOW.

Hai dúas semanas a orquestra PARÍS DE NOIA presentou tamén a súa nova entrega discográfica que, ademais, é gratuíta para todos aqueles seguidores da afamada formación noiesa.

E a cousa non remata aquí, OLYMPUS de Negreira está a piques de presentar o seu novo CD, segundo información da presidenta do Club de Amigos da orquestra, a saída do novo traballo é inminente. Polo momento pódese seguir adquirindo o seu anterior traballo en CD de 2008 así como o DVD que presentaron hai uns meses cos mellores momentos da gala de Negreira 2008 con artistas famosos do nivel de Marta Sánchez, e que leva por título 25 HORAS.

A PANORAMA tamén vai ampliar o seu catálogo discográfico coa saída en breve, prevista para principios de agosto, do seu novo CD con 15 cancións. Tamén se pode adquirir desde hai uns meses o DVD da gala de outubro en Ordes, realizada para conmemorar o XX Aniversario da orquestra. Todos os beneficios do DVD irán parar á Asociación Española contra el Cáncer. Xa é o segundo ano no que a orquestra se involucra nesta causa benéfica.

E por último, tamén hai que anunciar a próxima saída do CD 2009 en directo da orquestra GRAN PARADA de Rianxo. Esta formación musical ten un traballo discográfico de 2009 dentro da colección Orquestas de Galicia pero agora a nova saída será unha gravación en directo.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*