Variedade musical en Lampazas

0
437

orquesta-gran-canaria-2010-cartelGran Canaria cerra mañá as festas en Lampazas (Samos) coa orquestra Bellissima de Valencia

No concello de Samos, na parroquia de Lampazas, están de festas. O programa ofrece unha variedade musical de orquestras que inclúe a música de dúas formacións galegas e outras dúas procedentes doutras comunidades.

O primeiro día da festa, hoxe, estará amenizado polas nosas formacións musicais, de primeira liña: LOS PLAYER’S desde ferrol con música moi variada e a actuación, sempre espectacular, de Gerson Galván nas voces. AMISTAD de Vigo será a outra formación. O mítico grupo presenta este ano algunhas novidades como a incorporación dunha voz feminina.

E a segunda xornada festeira estará amenizada por formacións non galegas: GRAN CANARIA (que está levando a cabo a súa primeira xira por Galicia; formación nova cunha selección de músicos e cantantes de calidade) e BELLISSIMA desde Valencia.

Un bo cartel en Lampazas para dúas xornadas de festa rachada, a partir das 23:00 horas.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*