Gran Parada presenta a nova xira 2010

0
569

orquesta-gran-parada-2010-imaxe-web

Imaxe xeral da páxina web da orquestra Gran Parada, actualizada, con novo deseño e máis fácil de consultar

A orquestra GRAN PARADA de Rianxo volve ao traballo. Despois dunhas merecidas vacacións GRAN PARADA presenta a nova xira 2010 coas datas de decembro, a renovación da súa web e unha nova fichaxe nas voces: Edgar Repilloza.

Xa están dispoñibles as primeiras actuacións da nova temporada na páxina web de GRAN PARADA, totalmente remodelada. Os apartados xerais veñen sendo os mesmos aínda que actualizados e cunha disposición central na páxina que os fai máis doados de atopar. Tamén hai un novo apartado onde se dá a coñecer a nova voz da orquestra, na parte central da páxina.

Por último, nos laterais da páxina hai dous apartados de enlaces moi interesantes: á esquerda pódese acceder á conta de YouTube da orquestra así como ás redes sociais Facebook e Twenti, onde a formación orquestral tamén está presente. No lateral dereito ofrécese un enlace ás principais páxinas e blogs de información sobre orquestras e festas: Galicia en Festas, Pasión Orquestas e Festa a Festa, o cal agradecemos pola parte que nos toca.

A páxina web de GRAN PARADA, unha das mellores páxinas propias de información de orquestras, é agora se cabe aínda máis directa e fácil de manexar, cun apartado de HISTORIA, outro de COMPOÑENTES, outro dedicado aos discos que a orquestra foi sacando ao mercado, libro de visitas, apartado de multimedia e mesmo un enlace para a páxina oficial do concello de Rianxo. Máis completa imposible, a páxina ofrece todo o que se pode pedir dunha orquestra e ha de ser o mellor soporte de apoio e información da nova xira de GRAN PARADA 2010 que xa comeza.

Aquí tes as datas de GRAN PARADA para decembro:

DIA 06: PENDENTE DE CONFIRMAR.

DIA 07: SANTA MARÍA DE XEVE. PONTEVEDRA.

DIA 08: SALA DE FESTAS HEXÁGONO. LUGO.

DIA 12: SALA DE FESTAS CHANTECLAIR. VALGA. PONTEVEDRA

DIA 18: PENDENTE DE CONFIRMAR.

DIA 19: SALA DE FESTAS ROSALAR. RIBADEO. LUGO

DIA 25: SALA DE FESTAS PAULINO. O CARBALLIÑO. PONTEVEDRA

DIA 26: SALA DE FESTAS DONJUL. TUI. PONTEVEDRA

DIA 27: TREMOEDO. VILANOVA DE AROUSA. PONTEVEDRA

DIA 31: SALA DE FESTAS A RAMALLOSA. NIGRÁN. PONTEVEDRA

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*