Tres propostas verbeneiras en Extramundi

0
491

viewer

Durante dous días, martes e mércores da ponte, temos a oportunidade de escoitar a música e bailar con tres agrupacións musicais de renome nas nosas festas. Será en Extramundi, por terras padronesas, onde o martes 7 poderemos gozar do espectáculo de dúas orquestras de referencia: CHARLESTON BIG BAND e ACHÉ. A primeira xa nos presenta a súa nova voz masculina para a temporada que empeza, Raúl Paz, procedente do grupo TEKILA e prepara novidades e sorpresas para continuar en primeira liña verbeneira. Tamén ACHÉ comeza temporada despois do potente ano que acaban de cerrar.

E para a segunda xornada festiva o grupo LAa OCA, que presenta nova temporada onde a música de baile é a principal protagonista. Sen cambios no cadro de músicos e cantantes, a formación musical de Sanxenxo segue a afianzarse como un grupo que ofrece, preferentemente música de baile e onde tamén a complicidade co público se manifesta en múltiples posta en escena únicas, que só eles nos saben ofrecer.

En Extramundi a festa está servida durante dous días.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*