Nace con éxito un novo festival: Son de Meiga

0
415

o-barco-son-de-meiga-2009-cartel-grandePodes clicar nos carteis para ver a información a maior tamaño

CERCA DE CINCUENTA ARTISTAS ENTRE GRUPOS E DJ EN TRES DÍAS DE FESTIVAL NO BARCO DE VALDEORRAS (OURENSE). 23, 24 E 25 DE XULLO

Nace un novo festival en Galicia, concretamente no Barco de Valdeorras. Tres días intensos de música sen parar en terreos do polígono comercial da vila con todo preparado para acoller a miles de persoas entre as tres xornadas. Hoxe venres van pola segunda…

Son de Meiga 09 é o macrofestival que este verán se converterá na cita de referencia no noroeste da Península. Rosendo, Tequila, Macaco, Mägo de Oz, Mojinos Escozíos e Reincidentes encabezan un cartel de primeira integrado por máis de vinte bandas e unha chea de dj’s que actúan no Barco de Valdeorras (Ourense) os días 23, 24 e 25 de xullo.

Tres hostaleiros da localidade, agrupados en Meigasonora Productions, son os impulsores desta ambiciosa iniciativa que xurdiu hai un ano, cando o café Despiste e mais os pubs Sambo e Caos decidiron organizar unha serie de concertos na rúa que colleitaron unha exitosa acollida. Naceu entón a idea de ampliar o proxecto converténdoo nunha gran cita anual, co fin de traer ata Galicia bandas punteiras do panorama estatal e promocionar á vez os grupos e DJ do contorno.

Son de Meiga 09 conta con dous escenarios cunha gran potencia de luz e son que impulsarán ao máximo a forza das actuacións. Os asistentes contan ademais cunha zona de acampada gratuíta nas proximidades da área de concertos.

o-barco-son-de-meiga-2009-cartel1Programa completo na web do Festival Son de Meiga.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*