Zas convértese na capital da música folk

0
441

Festa da Carballeira de Zas 2010 - 27ª edición - agosto - cartelComa sempre, os carteis anunciadores da Festa da Carballeira de Zas son verdadeiras obras de arte

O concello de Zas vai estar hoxe desbordado, e non de auga precisamente. Multitude de xente chegará de todos os puntos de Galicia para gozar un ano máis do seu festival folk, un dos máis importantes: hoxe é o día da Carballeira.

Haberá que pagar 5 € para acceder ao incomparable marco no que se celebra cada ano o festival, e con artistas de renome como KEPA JUNKERA entre outros. Pero coa entrada os festeiros levarán para a casa un CD conmemorativo con dous temas de cada un dos participantes na festa.

Un ano máis, Zas convértese por un día na capital da música folk co permiso de Pardiñas, a outra cita para hoxe e mañá.

Toda a información na páxina web da Carballeira.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*