A maxia de Olympus chega á Coruña

0
344

orquesta-olympus-2009-cartelO espectáculo da orquestra Olympus chega á Coruña. Actuación xoves 20 ás 22:30 horas no barrio de Eirís

O programa de festas María Pita 2009 prosegue a súa andaina ofrecendo todo tipo de actos lúdicos e festivos, entre eles as verbenas.

Se hai uns días informabamos sobre as verbenas dos Mallos con LOS PRÍNCIPES, onte, e ARMONÍA SHOW nos Rosales, para a que xa está todo preparado na praza Elíptica co escenario da orquestra, varias atraccións para os máis pequenos e algún posto de comida, mañá é a vez da orquestra OLYMPUS no barrio de Eirís.

A denominada Festa da fresa, que hai uns anos recuperou o Concello contará no campo da festa de Eirís coa orquestra de Negreira que trae o seu espectáculo El poder de la magia. Será a partir das 22:30 e, igual que nos Mallos e nos Rosales haberá festas infantís e algunha outra actividade encamiñada para os máis pequenos da casa.

Dentro de apenas 24 horas o espectáculo de Peke e demais compoñentes de OLYMPUS fará vibrar o barrio de Eirís un ano máis.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*