Unha patroa con pouco tirón

0
538

A Coruña - Rosario 2010 - cartel

Xa estamos en plenas festas do Rosario. A patroa da Coruña trae a festa á cidade ou, mellor dito, á Cidade Vella coruñesa ,con prognóstico de mal tempo para as actividades ao aire libre.

A única verbena programada, a do grupo ISLA, salvouse da auga pero parece que non terán a mesma sorte os outros encontros musicais que se levarán a cabo estes días.

Pouco queda daquelas festas dos anos 80 e 90 que traían a verbena durante varios días a esta zona da cidade. A praza de María Pita e despois os xardíns de Méndez Núñez enchíanse de atraccións de feira, aínda que non como nas festas de agosto, e a praza de Azcárraga acollía verbenas diarias durante varias xornadas.

O programa dos últimos anos vén limitando cada vez máis as actuacións de grupos ou orquestras e presenta un programa mutilado no número de actuacións e días de celebración. De feito este ano só se contou cunha única actuación verbeneira, a do grupo ISLA, cando hai catro ou cinco anos o programa verbeneiro traía a actuación de varias orquestras e grupos musicais.

As festas da Cidade Vella transcorrerán ata comezos da semana con algunhas actividades interesantes das que damos conta deseguido, pero se o que quere vostede é botar un baile terá que desprazarse ata o Ventorrillo, onde durante catro días se ofrecerá o programa das festas do barrio: o Pilar.

PROGRAMA COMPLETO DAS FESTAS DO ROSARIO 2010 – A CORUÑA

Xoves, 7 de outubro

· Cidade Vella e praza de María Pita, 10.00 h.

DIANAS E ALBORADAS.

· Igrexa de Sto. Domingo, 10.30 h.

OFRENDA FLORAL Á VIRXE DO ROSARIO.

· Rúa Marqués de Cerralbo, 11.00 h.:

OFRENDA AO IIº MARQUÉS DE CERRALBO (Organiza: Orden de Caballeros de María Pita.)

· Igrexa de Sto. Domingo, 12.00 h.

MISA SOLEMNE EN HONOR Á VIRXE DO ROSARIO.

· Praza de Azcárraga, 13.00 h.

Concerto de TRÍO COLOMBITA DE BOGOTÁ

· Praza das Bárbaras, 13.00 h.

ACTUACIÓN DE ATURUXO

· Praza de Azcárraga e outras rúas, 17.30 h.

COMPARSA DE CABEZUDOS

· Iglesia de Sto. Domingo, 18.00 h.

PROCESIÓN DA VIRXE DO ROSARIO (coa intervención das corais Follas Novas, Sporting Club Casino e El Eco.)

· Plazuela de las Bárbaras, 19.00 h.

Encontro de Corais: CANTARES GALLEGOS – FOLLAS NOVAS – SPORTING CLUB CASINO

· Praza de Azcárraga, 19.30 h.:

Concerto de SKARARALLAOS

· Praza das Bárbaras, 20.30 h.:

AS DRIADAS: Innova

· Igrexa de Sto. Domingo, 21.00 h.

ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICA: Misa de coronación en do mayor, K 317, de W. A. Mozart.

· Praza de Azcárraga, 21.30 h.:

Verbena con Grupo ISLA

Venres, 8 de outubro

· Praza de Azcárraga, 21.30 h.:

Concerto de STEREOTIPOS

Sábado, 9 de outubro

· Praza das Bárbaras, 12.30 h.

Concerto de IRINA KAZIMIRSKAIA & LOS TROVADORES DE LOGROÑO

· Praza de Azcárraga, 13.00 h.

Banda de Música SEMENTEIRA

· Praza de Azcárraga, 17.30 h.

Programación Infantil: DANTHEA TEATRO, O espello de Francisquiña.

· Teatro Rosalía Castro, 20.00 h.:

XOGOS FLORAIS MARÍA PITA 2009: IIº Marqués de Cerralbo

Organiza: Orden de Caballeros de María Pita.

· Plazuela de las Bárbaras, 19.00 h.

Orquestra de acordeóns LEMBRANZAS

· Praza de Azcárraga, 19.30 h.:

Concerto de RUOTE

· Praza de Azcárraga, 21.30 h.:

Concerto de TOMBALOBOS ORQUESTRA

Domingo, 10 de outubro

· Teatro Rosalía Castro, 12.00 h.:

XX FESTIVAL INTERNACIONAL DE MÚSICA DE PULSO Y PÚA “CIUDADE DE CRISTAL”

Organiza: Agrupación Musical Albéniz.

· Praza de Azcárraga, 13.00 h.

Banda de Música SANTIAGO DE ARTEIXO

· Praza da Constitución, 17.00 h.

Programación Infantil: INCHABLES.

· Plazuela de las Bárbaras, 18.00 h.

Concerto de LUME NA LAREIRA

· Praza da Constitución, 18.30 h.

-FESTA DA ESPUMA

· Praza de Azcárraga, 19.00 h.:

Concerto de GAITEIROS DO PREDROSO

· Teatro Rosalía Castro, 19.00 h.:

IV CICLO DE COROS HISTÓRICOS

CÁNTIGAS E AGARIMOS, QUINTETO BELLÓN MACEIRAS, CÁNTIGAS DA TERRA

Organiza: Cántigas da Terra.

· Praza de Azcárraga, 21.00 h.:

Concerto de CHOTOKOEU

Lunes, 11 de outubro

· Teatro Rosalía Castro, 20.30 h.:

CORO DE INGENIEROS DE BIZKAIA – TUNA DE VETERANOS: PRO COCINA ECONÓMICA

Entrada: 3’00 € (carne xove, + 65 anos , desempregados, coralistas coruñeses, 2’00 €)

Martes, 12 de outubro

· Teatro Rosalía Castro, 21.00 h.:

TROVA CORUÑESA PRO GRUMICO

Entradas: butacas, plateas e palcos: 10.00 €; anfiteatro, tertulia e galería: 8.00 € (carné xove, + 65 anos e desempregados, -20%).

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*