Súmase á baixa de varios compoñentes da orquestra

Orquesta Panorama 2012 - V Gala contra o cancro - 26

O cantante asturiano Jorge Ferre Casar, famoso por formar parte durante máis dunha década da dianteira da orquestra PANORAMA e que este ano foi a fichaxe estrela de LA FÓRMULA non continuará en 2017 nesta formación musical.

No programa PALCO DE ESTRELAS de Radio Valga, Daniel Seijas daba a noticia coa lectura dun comunicado do propio artista no que se despedía da orquestra e agradecía o trato recibido por todos os seus compañeiros. De momento, o cantante asturiano non ten cerrada a próxima temporada, desmentindo así rumores que o sitúan en varias orquestras para o vindeiro ano.

Jorge Ferre Casar, asturiano, pasou polo grupo CINEMA (hai máis dunha década era un grupo musical, hoxe unha orquestra) e de alí deu o salto á orquestra PANORAMA, onde estivo máis de dez anos. En 2016 decidiu cambiar de aires e formou parte dunha espectacular dianteira en LA FÓRMULA, dianteira que xa non se repetirá pois varios dos integrantes xa anunciaron a baixa desta formación musical, entre eles o responsable do espectáculo, o non menos famoso Miguel Caldas, que formará parte da orquestra CHARLESTON BIG BAND 2017.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*