A localidade de Burela está de festas estes días; celébrase a festividade da Virxe do Carme. Como cada ano, as festas máis importantes de Burela adiántanse ao calendario “habitual” de celebración do Carme (16 de xullo) para a continuación comezar a campaña do bonito.

Moitas son as actividades dispostas para estes días, máis dunha semana de festividades onde destacan as orquestras de primeiro nivel como xa é habitual, ademais do recinto feiral no porto e na praza do Concello, presidido pola gran nora xigante que funcionará a partir do día 30.

Aínda que as festas comezan esta fin de semana e haberá concertos como o de LOS SECRETOS ou 500 NOCHES, Tributo a Joaquín Sabina e actividades toda a semana, non será ata o vindeiro venres cando comecen as verbenas coas orquestras CINEMA e LOS SATÉLITES, o sábado 4 PONTEVEDRA e CLAXXON, o domingo orquestra TELEVISIÓN e EL COMBO DOMINICANO, e cerrando o luns 6, PALLADIUM e PANORAMA.

Toda a información nos carteis que publicamos a continuación:

Burela 2016 - Festas Patronais - cartel

Burela 2016 - Festas Patronais - programa

Burela 2016 - Festas Patronais - programa 2

Burela 2016 - Festas Patronais - programa 3

 

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*