Algunhas festas para a fin de semana

0
417

rois-san-isidro-2010-cartelCartel das festas de Santo Isidro 2010 en Rois

Esta fin de semana longa hai bastantes festas por Galicia adiante, e de todos os tipos: patronais, gastronómicas, da xuventude… Ofrecemos aquí só algunhas das máis destacadas. No calendario de Festa a Festa hai máis, e moitas que quedarán sen poñer…

Se queres enviarnos datos ou carteis de festas podes enviarnos a túa información ao correo do blog: festaafesta.blog@gmail.com

Destacamos a Festa da Xente Nova, en Leira (Ordes), que xa vai pola súa sétima edición. Este ano tocan as orquestras OLYMPUS e MARBELLA.

En Arentía (Boimorto) haberá festas durante tres días. Destacamos o xantar homenaxe a Luz Casal que terá lugar o domingo na carpa do campo da festa. As orquestras SOLARA e PRINCIPAL poñerán a música desde día festivo.

O día 15 en Rois tamén hai festa. Á parte da música de CENIZA e do grupo ATENAS, haberá un xantar gratuíto para todos os veciños e veciñas de Rois.

Permanece atento a Festa a Festa para saber de máis convocatorias festivas.

ordes-leira-2010-cartel boimorto-arentia-2010-cartel

cotobade-caroi-2010-cartel

[Podes clicar nas imaxes dos carteis para velos a maior tamaño]

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*