A localidade de Redondela celebraba a súa Festa do Choco hai unhas semanas como aperitivo (nunca mellor dito) ás celebracións grandes da vila pontevedresa: a Coca.
O programa inclúe multitude de actividades de todo tipo e, por suposto, música de todos os tipos. Un concerto de grupos locais abría o mércores as festas, máis concertos o xoves, e aínda máis hoxe venres, coa actuación dos grupos PAN DE CAPAZO e A RODA.
O sábado e domingo están destinados á música verbeneira: COSTA OESTE e DELIRIO para a primeira xornada, e a actuación da orquestra TELEVISIÓN para cerrar o programa musical o próximo domingo.
A festa da Coca é unha celebración de orixe pagá que ten lugar no concello de pontevedrés de Redondela, e que ten lugar o día do Corpus Christi. A orixe desta celebración radica na lenda mitolóxica da coca, un ser da mitoloxía galega que vive nas augas do mar ou dos ríos. Foi declarada Festa de Interese Turístico Galego en 2001.[2]
A razón da celebración é a derrota deste animal mitolóxico a mans dos mozos de Redondela. Así, para conmemorar esta vitoria, realízanse representacións tanto do propio animal coma da batalla na cal a Coca foi derrotada. Esta representación coñécese como danza das Espadas, representando aos mozos que comezaron a danzar coas súas armas arredor do animal morto após de derrotalo, e baile das Penlas, representando a celebración das doncelas liberadas das fauces do dragón.
Ademais de en Redondela, a festa da Coca segue a celebrarse en diferentes lugares do conxunto etnográfico galego–portugués, como Betanzos ou Monção. Está última localidade posúe desde o ano 2002 un irmandamento con Redondela, e desde o 2003 ambas as dúas celebracións son publicitadas baixo unha promoción turística conxunta.