A verbena galega está de loito no día grande das festas de Santiago.

Un grave accidente na Coruña abre hoxe os xornais da cidade e era noticia principal na Radio Galega e nas cadeas locais. Un sinistro producido ás tres da mañá no cruce da avenida de Arteixo coa ronda de Outeiro producía cinco feridos e un morto, cando un coche chocaba contra unha furgoneta onde viaxaban cinco músicos. O condutor do automóbil deu positivo nas probas de alcoholemia.

Catro dos feridos, un en estado crítico e outro grave, así como o falecido, son integrantes da orquestra coruñesa FOLIADA, que en moi poucos días abría a temporada 2016. Trátase do guitarrista Bruno López, de 41 anos, que faleceu; de seu pai, Juan López de 65 anos -coñecido como Juanín-, técnico de son e un dos fundadores da orquestra, en estado crítico; e de Francisco (coñecido como Frank), o baixista da formación, en observación da UCI. Tamén están ingresados o baterista Jerry e o trompetista Carlos.

Os integrantes de FOLIADA organizaran unha cea para celebrar o inicio da temporada o próximo sábado; xa de volta un coche que salta un semáforo en vermello, conducido por un home, segundo parece, en estado de embriaguez, bate contra a furgoneta producindo o fatal resultado. O condutor da furgoneta deu 0.0 no test de alcoholemia.

Foliada 2016

É unha moi grave noticia que todos desexariamos que non tivese ocorrido. A estrada é o grande inimigo das orquestras e todos os anos temos que lamentar accidentes nos que hai que feridos e algunhas veces mortos.

Dese festaafesta.gal enviamos o noso apoio a toda a orquestra FOLIADA e os seus familiares así como o pésame á familia de Juan e Bruno López nestes momentos tan difíciles. Desexamos unha rápida recuperación a todos os feridos.

1 comentario

Deixa unha resposta


*