A orquestra coruñesa FOLIADA tiña programado o seu comezo de temporada nunha localidade de león o sábado pasado. Esta fin de semana, concretamente dentro dunhas horas, era a orquestra responsable de abrir o programa en Ombre (Pontedeume), pero debido ao tráxico accidente da semana pasada, a formación musical pospón o seu debut este ano.

Lembramos que no accidente no que se viu implicada unha furgoneta na que viaxaban cinco compoñentes de FOLIADA quedaron feridas cinco persoas (catro da furgoneta e o condutor do coche que provocou o accidente) e deu como resultado unha perosa morta, Bruno López, guitarrista da formación musical desde 2006. Dos feridos, o de maior gravidade é o técnico de son, Juan López, pai do músico falecido.

Pontedeume 2016 - Festas de Ombre - cartel

No caso das festas de Ombre, a banda coruñesa será substituída pola orquestra PALLADIUM, que trae novo repertorio, algúns cambios no plantel e, por suposto, nova montaxe.

Formacións pequenas como JJ&SON e CARAMELO completan o cartel xunto a ALARMA, presentándose nunha das súas primeiras datas de 2016 e EL COMBO DOMINICANO, que desde a pasada semana comezou o seu tour por Galicia unha temporada máis.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*