Música a tres bandas en Cambados

0
391

cambados-2010-concerto-libre

Hoxe en Cambados hai unha cita importante coa verbena. Tres das mellores orquestras de Espectáculos Lito coinciden en terras cambadesas para levar a cabo unha actuación moi especial: unha multitudinaria festa-concerto a cargo de COSTA OESTE, PHILADELPHIA e PANORAMA.

Se o tempo o permite hoxe a Cambados chegarán milleiros de persoas para gozar dunha das últimas actuacións da temporada ao aire libre. As orquestras cambian o escenario polas salas de festa ata a próxima temporada. Hoxe as pedras de Fefiñáns serán testemuñas dunha importante actuación musical, pois non é usual ver as tres orquestras xuntas e menos en tempos de crise.

O Concerto Libre de Alcol é unha actividade enmarcada dentro das actuacións do Xacobeo e para máis información podes consultar a páxina web www.condutoralternativo.org

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*