Camariñas: encaixe e festa

0
419

camarinas-festa-da-virxe-do-monte-cartel1A Mostra do Encaixe de Camariñas é un dos principais eventos da Costa da Morte pero non o único, nin moito menos. Na terra do encaixe, en Camariñas, tamén hai festa popular e gastronómica estes días.

A festa da Virxe do Monte traerá boa música durante tres días, o complemento ideal á feira do encaixe. De sábado a luns levarase a cabo unha nova edición da xa tradicional cita. Ademais, como apertura das festas terá lugar a II Festa da Zorza amenizada polo grupo SAMBA e a orquestra OLYMPUS. A celebración remata o luns co grupo TRIUNFO. O domingo a festa estará amenizada pola orquestra feminina ESTRELLAMAR.

Camariñas será estes días un fervedoiro de xente que acudirá á Mostra e á festa. Só faltará que o tempo acompañe…

camarinas-festa-da-zorza-2010-cartel1

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*