Noite de espectáculo e baile en Coaxe

0
486

París de Noia - 2010 - 00013 - Aguiño (Ribeira)A orquestra París de Noia, na imaxe, xunto con Aché serán as encargadas da festa en Coaxe (Dimo-Catoira) hoxe xoves a partir das 21 horas / © Fotografía: roxegar 2010

Hoxe en Catoira están de festa, concretamente no lugar de Coaxe (Dimo). Celebran os Reis atrasados xa que a festa estaba prevista para aquel día pero por mor do temporal tivo que ser suspendida. Dúas grandes orquestras serán as encargadas de poñer o punto musical, o baile e o espectáculo. Nada menos que a PARÍS DE NOIA acompañada por ACHÉ.

A festa comezará ás 21 horas e prolongarase ata as 3 da madrugada. A orquestra que abrira a festa será a noiesa, seguida despois pola de Vilanova de Arousa. No campo da festa está instalada unha carpa de grandes domensións para acoller a todo o público que queira achegarse esta noite á festa en Coaxe, na parroquia de Dimo.

As orquestras xa irán mostrando algunhas novidades de cara á temporada alta de 2011 e incorporan xa as novas fichaxes deste ano. Cabe mencionar especialmente a de Sergio Corral e Vanessa Ramil na dianteira de París de Noia. Deste modo a orquestra traballa con cinco voces, tres masculinas e dúas femininas. O resto de incorporacións son de músicos nas dúas bandas. Marciano de ACHÉ pasa, precisamente, para a PARÍS e a orquestra de Vilanova presenta tamén a nova incorporación no cadro de músicos.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*