Fátima Pego, da orquestra Palladium, hoxe na TVG

0
1159

Orquesta Palladium - 2010 - 019 - VilalongaFátima Pego, unha das vocalistas de Palladium, esta tarde no programa A Solaina da TVG / © Foto: roxegar 2010

O programa da tarde na Galega segue ofrecéndonos entrevistas aos compoñentes das orquestras. Esta vez pasa polo plató da Solaina a vocalista da orquestra PALLADIUM Fátima Pego que de seguro falará sobre as novas propostas que traerá a formación musical de cara á nova temporada que xa empezou.

Polo plató da Solaina seguen pasando coñecidos compoñentes das orquestras galegas máis coñecidas como PARÍS DE NOIA, PANORAMA, LOS SATÉLITES, POCEIRO, MARBELLA, etc… O programa das tardes da Galega lévase a cabo nun plato de 150 metros cadrados en San Marcos cun decorado innovador concibido pola coñecida deseñadora galega Marta Villar.

Hoxe a verbena na Solaina leva nome propio: PALLADIUM. A partir das 17.00 horas.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*