Explosión de gastronomía festeira

0
440

Silvia Ferre_2010_12Silvia Ferre Casar, vocalista do grupo de Roi Casal, actúan hoxe no peirao de Portonovo (Sanxenxo) dentro do programa da famosa Festa da Raia / © fotografía roxegar 2010

Esta fin de semana chega cargada de festas, a maioría delas de carácter gastronómico, e tamén a maioría delas teñen boa sona e tradición. Salientamos entre todas as citas gastronómicas as máis importantes, pero de seguro que aínda non están todas as que son aínda que son todas as que están:

En Ames a Festa do Polbo.

En Brión, Festa da Tortilla paisana coa actuación do grupo ASSIA (hoxe sábado).

En Entrimo, a Festa da carne cachena.

En Larouco, Festa do cordeiro.

En Moimenta, Festa da Filloa.

En Mondoñedo, dentro das festas das Quendas, hoxe sábado a XXVII Festa da Empanada.

Na Pobra de San Xián a Festa da Tenreira Galega.

Na Pontenova, Festa da Troita con actuación de orquestras incluída (venres e sábado).

En Portonovo (Sanxenxo) a Festa da Raia coa actuación, hoxe sábado, do grupo de Roi Casal no porto da localidade.

En Vedra a Festa da Augardente do Ulla.

En Vilachá a Festa do Viño.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*