Xente Nova presenta imaxe para 2011

0
454

Xente Nova 2011 - orquesta - cartel

A orquestra XENTE NOVA xa ten nova imaxe para a temporada que comeza. A formación musical presenta moi poucos cambios en canto a voces e músicos, e  permanecerá fiel en canto ao estilo da orquestra: música de baile e verbeneo 100%.

O cartel para 2011 presenta unha imaxe moita máis fresca e moderna que o anterior afiche. Na parte superior aparecen os tres cantantes e na inferior, a agrupación ao completo todos no mesmo plano. En canto aos nomes, esta é a orquestra para 2011:

O baixista Alejandro, que comezou este ano en XENTE NOVA e procede da orquestra coruñesa ALARMA, o guitarrista David, o batería Carlos (máis coñecido como Trilli), o teclista Jesús (alias Chuspi), o trompetista Bernardo (alias Berni), o saxofonista Eugenio, o trombonista Daniel (alias Poke, o galo da orquestra) e nas voces: Azucena, Rosalía e Manuel.

En canto ao escenario da orquestra, dispón dun palco de tres tramos de altura con robótica de leeds (a maioría dispoñen só de dous tramos) e o repertorio baséase en música moi bailable e de verbena: cumbias, merengues, pasodobles, etc… A orquestra XENTE NOVA xa está presentando a súa temporada 2011.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*