Galicia en festas volve con novas propostas

0
404

galicia-en-festas-web-2010Portada 2010 para Galicia en festas

Unha das páxinas amigas de Festa a Festa, Galicia en festas, volve de novo á carga informativa das nosas celebracións populares e orquestras. A web, ademais, abre de novo o seu concurso para escoller a mellor web das orquestras 2010; na pasada edición foi a coruñesa LOS SATÉLITES a elixida como orquestra con mellor páxina na Internet.

Ademais do apartado dos concursos, no que tamén se acaba de escoller o mellor cartel promocional de festas e no que resultou gañadora a Festa da Paella de Cortegada, hai outros moitos apartados que se irán actualizando pouco a pouco: noticias, axenda coas datas festeiras máis importantes, vídeos e galerías fotográficas.

Galicia en Festas volve así ás súas orixes, despois de aparecer baixo outra denominación, ao final a páxina definitiva é a seguinte: www.galiciaenfestas.tk

Ademais, esta web volverá a ter o galego como idioma principal convértendose xunto con Festa a Festa nos dous únicos sitios desta temática escritos nesta lingua.

Desde Festa a Festa o noso apoio incondicional e moita sorte.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*