Pistoletazo de saída en Padrón

0
423

Padrón - 2010 - Festas de Pascua - orquestras - cartelCartel coas catorce orquestras que actuarán nas festas de Pascua de Padrón 2010

O Domingo de Ramos é tradicionalmente o día no que comeza de forma oficial a Pascua en Padrón. Aínda que o programa de verbenas e outros actos dan comezo o sábado seguinte, desde este domingo xa hai preparadas moitas actividades e o recinto das atraccións de feira empeza a funcionar.

En canto ás atraccións hai algunhas novidades nos artiluxios; aínda que a maioría son as de sempre, típicas nas festas padronesas, como os coches de choque, Jumanji, toro mecánico, saltamontes, un aparello denominado Cyclone, que é unha gran roda que se eleva e dá voltas ao mesmo tempo que realiza movementos pendulares, ou os xa típicos cacharriños para nenos (scalextric, tren popof, autos de choque, camas elásticas… e a roda de cabaliños de madeira que xa é un monumento en Padrón). En canto ás novidades hai unha especie de nube que dá voltas a velocidades de vertixe ou o tirachinas, que lanza as persoas ata 50 metros de altura. Estas atraccións, aínda que son novas en Padrón, xa estiveron nalgunha festa galega en anteriores edicións.

Boxeo, touros, deportes, o Concerto do Sar e moitas outras actividades que conforman un atractivo cartel de Pascua para achegarse calquera día a Padrón. En sete días, desde o Sábado Santo ata o domingo de Pascuílla, haberá sete verbenas con dúas formacións musicais cada unha das noites. Abren GRAN PARADA e MASTER e cerran TV NORDÉS e o grupo LA OCA.

Na páxina web sobre a Pascua de Padrón podes consultar toda a programación día a día: http://www.pascuadepadron.es.tl/

padron-2010-pascua-feira-cabalar-cartelpadron-pascua-2010-deportes-cartelpadron-2010-pascua-arte-cartelpadron-2010-pascua-peregrinacion-cartelpadron-2010-festival-do-sar-cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*