Cartel de Montes 2009, a orquestra naronesa comeza hoxe a nova temporada
A orquestra naronesa MONTES comeza hoxe o que será a nova temporada 2010. Con cambios importantes na formación musical e no repertorio, MONTES dá comezo á nova temporada hoxe sábado día 26 en Irines – Cabanas – A Coruña.
Tamén destacamos a actuación que cerrará o ano 2009 no centro de Narón. A orquestra actúa na casa acompañada de PHILADELPHIA; unha noite de boa festa na localidade naronesa para cerrar o ano, como vén sendo habitual xa nestas últimas temporadas pasadas.
Á parte dalgún cambio nos metais, as fichaxes máis salientables na orquestra para 2010 produciranse na dianteira: Dani Ríos (procedente de XENTE NOVA e Vanessa (procedente do trío CHASTON) serán as novas caras para esta nova etapa de MONTES que empeza dentro dunhas horas. Unha nova xira chea de boa música e espectáculo.
Este é o calendario de MONTES para xaneiro de 2010:
DECEMBRO
Día 26: Irines-cabañas (A Coruña)
Día 31: Alto do Castaño-Narón (A Coruña)
XANEIRO
Día 6: Club de Campo – Ferrol (A Coruña)
Día 7: local social Loiba-Ortigueira (A Coruña)
Día 16:multiusos de Xove (Lugo)
Dia 31: Rua-Cervo (Lugo)