Rita Barreiro continúa na Charleston 2011

0
603

Orquesta Charleston Big Band 2010 - 001 - RoisRita Barreiro aclarou a Festa a Festa que os rumores da súa marcha de Charleston Big Band son falsos. A cantante compostelá seguirá na afamada formación de Padrón / © Foto: roxegar 2010

Moitos son os rumores que corren polos campos de festa estes días co motivo da fin de temporada e das novas fichaxes para as orquestras. Un deles, moi estendido, non deixa de ser un rumor falso que estamos en disposición de aclarar hoxe en Festa a Festa. A cantante da CHARLESTON BIG BAND, Rita Barreiro, continuará na orquestra como única cantante. A voz feminina da orquestra padronesa aclarou a Festa a Festa, onte en Rois, que seguirá como ata agora en CHARLESTON e que o rumor de que podería abandonar a formación para ser substituída por outra coñecida vocalista ou que esa segunda cantante a acompañaría como nova voz é totalmente falso. Nin Rita Barreiro abandona a orquestra na que xa leva uns cantos anos traballando nin Marta Valiño (OLYMPUS) pasará a formar parte da orquestra máis famosa de Padrón.

Coñecida é a marcha de Valiño da orquestra OLYMPUS, pero sitúana noutra afamada orquestra que non é a de Padrón e polo momento non estamos autorizados a comunicar esta fichaxe, de levarse a bo termo.

Así as cousas, seguiremos gozando do bo facer, estilo e elegancia de Rita Barreiro enriba do escenario da orquestra padronesa en 2011.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*