Ale, Álex e a combinación do éxito

0
391

ale-y-alex-2010-foto

Alejandra Pais (cantante da orquestra Ceniza) e Alexander Rodríguez (ex Charleston Big Band e Los Player’s) ofrécennos unha proposta musical diferente

Ale(jandra Pais) e Alex(ander Rodríguez) preséntannos unha nova proposta musical que apunta alto para este verán nas salas de toda Galicia: ALE & ÁLEX & LA COMBINACIÓN SECRETA.

Trátase dunha nova formación musical, ou se queremos unha banda especializada en música e bailes específicos. A experiencia de Alexander Rodríguez, ex CHARLESTON BIG BAND e na pasada temporada a fichaxe estrela de LOS PLAYER’S, e de Alejandra Pais Bugallo como vocalista na orquestra coruñesa CENIZA, formación coa que compaxina este proxecto, seguro que se ha de notar na nova banda. Pero o traballo que presenta esta parella, que tamén poden funcionar como dúo, queda arroupado por unha banda de 10 músicos profesionais: 4 metais (2 trompetas, un trombón e un saxofón), 3 percusionistas, piano e baixo ademais de corista. A formación resultante chámase LA COMBINACIÓN SECRETA.

A propia Ale infórmanos sobre o tipo de música que ofrecen: “A nosa proposta presenta o que denominamos o mellor da música latina, pasando pola salsa, o merengue, a bachata, o chachachá, pop latin, cumbiatón, cumbia pura, porro ou bolero. Cremos que tratamos todos os xéneros que involucran a este tipo de música en xeral”.

Á parte de todo o repertorio nomeado anteriormente, a artista engade: “Facemos tamén os temas da nosa máis recente produción, un disco no que puxemos toda a nosa ilusión e empeño en facer o que máis nos gusta e nos enche”.

A carta de presentación na produción propia son dous temas moi famosos adaptados polo grupo; Colgando en tus manos nunha versión única e orixinal en merengue e o tema El ritmo de la noche.

Para contar con ALE & ÁLEX & LA COMBINACIÓN SECRETA pódese chamar aos seguintes números de teléfono:

628 100 413   –   666 60 25 04

ALE & ÁLEX tamén traballan como dúo ou trío e adáptanse ao presuposto e ao gusto do cliente e para poder velos en directo hai dúas datas próximas; na discoteca Bambina de Santa Cristina (Oleiros – A Coruña) o vindeiro venres 12 de febreiro, e o 26 do mesmo mes no programa LUAR da TVG.

ale-alex-y-la-combinacion-secreta-cartel

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*