Os Castros e Feáns van de festa

0
465

a-coruna-feans-festas-do-ca

Cartel das festas de Feáns 2009 (A Coruña). Podes clicar na imaxe para ver a información a maior tamaño

Dous barrios coruñeses, Os Castros e Feáns, comezan as súas festas do Carme con diversos actos entre os que destacan as verbenas e a  gastronomía. Nos Castros lanzarase o tradicional globo de papel.

Os Castros está de festas, como cada ano por estas datas, para celebrar o Carme durante catro días. Hoxe comezan as verbenas a cargo da orquestra FANIA BLANCO SHOW, unha formación musical onde traballan varios membros da familia Blanco, de aí o nome. Mañá e pasado a música estará amenizada polos grupos TRIUNFO e LOS LADOS respectivamente. O domingo destaca unha gran sardiñada en San Diego, lugar onde se concentran os actos festivos. Como cada ano, Os Castros verá subir o seu globo de papel polo ceo coruñés acompañado dunha gran sesión de fogos de artificio.

En canto a Feáns, un dos barrios rurais da Coruña, veciño de Novo Mesoiro, tamén está de festas. Nesta ocasión haberá verbenas amenizadas por orquestras como SUPERFAMA, COMPOSTELA, LOS SATÉLITES ou AMÉRICA S.L. A cantante Sabela tamén actuará o sábado no descanso da orquestra COMPOSTELA. O luns haberá celebración gastronómica co IV Concurso da Tortilla.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*