O rock de Rosendo chega hoxe ao San Froilán

0
223

Lugo - San Froilán 2010 - cartel

A banda británica PLACEBO xa ten substituto para a actuación desta noite no San Froilán. ROSENDO será o encargado de levar a cabo un dos concertos máis importantes para estes días na cidade lucense. A praza da Horta do Seminario cambia o rock alternativo dos británicos polo máis contundente do madrileño.

PLACEBO caeu do cartel musical das patronais de San Froilán, tras anunciar o pasado día 30 de setembro que cancelaba a súa xira por Europa e Asia debido á enfermidade do seu líder, Brian Molko.

O Concello púxose mans á obra para poder ofrecer esta noite unha actuación que tapase o oco deixado pola banda británica. O Concerto de PLACEBO estaba patrocinado polo Xacobeo, o de ROSENDO, polo concello de Lugo. De todos os xeitos, o Xacobeo confirmou que organizará un concerto na cidade tal como estaba previsto con PLACEBO, e que este será antes de fin de ano e será protagonizado por unha banda internacional.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*