Quen toca?: As mellores orquestras de Galicia

0
327

javi-comesana-costa-oeste-novaJavier Comesaña, unha das voces da orquestra Costa Oeste

PANORAMA E COSTA OESTE GRAVAN O DÍA 14 EN LP45

Desde hai pouco máis dun mes estase a gravar na discoteca LP45 de Ordes un novo programa para a TVG co título de “Quen toca?”. Polas instalacións da discoteca xa pasaron as orquestras OLYMPUS, PHILADELPHIA, PARÍS DE NOIA e CHARLESTON BIG BAND. O próximo día 14 de maio tócalles a vez a PANORAMA e COSTA OESTE. Quen queira asistir á gravación do programa ten que se poñer en contacto co club de fans de calquera das dúas orquestras:

fans@orquestapanorama.com

fans@orquestacostaoeste.com

A gravación comezará ás 17.45 horas. Aos seguidores de PANORAMA pídeselles que vaian coa camiseta de fans da xira 2009 e aos de COSTA OESTE entregaráselles unha camiseta exclusiva da orquestra feita para ese día.

No novo programa da Galega varias orquestras percorrerán a música de distintas décadas e o público terá certo protagonismo. A televisión pública galega segue apoiando con esta iniciativa as nosas orquestras despois da emisión en dúas temporadas da serie “Os Atlánticos” gravada en Pontedeume e cos escenarios da CHARLESTON BIG BAND de Padrón ou a “Gala XX Aniversario da orquestra PANORAMA” gravada en maio de 2008 en Cambados e emitida o primeiro venres de agosto dese mesmo ano en prime time fulminando todos os resultados de audiencias do exitoso programa LUAR. Tamén se emitiron galas do Xacobeo con diversas orquestras galegas e un programa especial con PARÍS DE NOIA e PANORAMA desde Muxía cando a catástrofe do Prestige.

Pero o primeiro programa da Galega referido ás orquestras fora aquel famoso “Chunda Chunda” que percorría os campos de festa en 1999 seguindo a unha grande orquestra como PARÍS DE NOIA na época de Pepi Rama e outra máis modesta e con menos medios. Esta docuserie recibiu os premios AGAPI 2000 a mellor documental e mellor dirección (Jorge Coira).

Sen comentarios

  1. Un error que hai en la noticia. Con París de Noia gravó Charleston Big Band, y después con Olympus Philadelphia y todavía queda que graven Panorama y Costa Oeste. Y esas son las 6 orquestas que estarán en el programa.

  2. Ola Noelia:

    Na noticia non quixemos poñer as datas concretas das orquestras que xa pasaron polo programa porque non tiña moito sentido anunciar unha data xa pasada. Simplemente nos limitamos a poñer algunhas das que xa gravaran. Efectivamente, a CHARLESTON BIG BAND tamén pasou por LP45 o mesmo día que a PARÍS.
    De todas formas moitas grazas polo teu comentario e, como vexo que es seguidora de Charleston, non deixes de enviarme toda a información que queiras sobre esta orquestra.

    Saúdos!!!

  3. Yo te informaba porque me fijé que en los nombres de las orquestas que grababan el programa solo faltaba el de CHARLESTON BIG BAND y pues eso, por si se te había pasado.

  4. Ola de novo.

    Pois tes razón, para unha que quedaba sen poñer ben se poden poñer todas. Xa está a noticia actualizada. Agora están as seis orquestras participantes.

    Saúdos!!!

Deixa unha resposta


*