A Queima dos Fornos e as orquestras destacan na Pontenova

0
348

A Pontenova 2010 - cartelOito grandes orquestras amenizan as festas máis importantes da Pontenova

As celebracións máis importantes no concello lugués da Pontenova comezan hoxe e levaranse a cabo durante catro días.

Poderiamos dicir que son como un San Froilán máis pequeno. Este ano incluso a metade das orquestras coinciden en ambas celebracións. Aínda que non teñen a sona nin a publicidade do San Froilán, a localidade queda pequena durante estes días para acoller a milleiros de visitantes, sobre todo na noite da Queima dos Fornos, un espectáculo pirotécnico que combina luz, fume e son á perfección.

E as orquestras, de primeira. Non hai máis que botarlle un ollo ao cartel: GRAN CANARIA, TRÉBOL, POCEIRO… Hoxe abren as celebracións as orquestras LAMAS e GRAN CANARIA, que cerra temporada o próximo luns no San Froilán. Mañá domingo CAPITOL e LOS SATÉLITES, que cerrarán o martes o San Froilán. O luns estarán na localidade luguesa TRÉBOL e LOS PLAYER’S, que actúan esta noite na Praza Maior de Lugo. Esa noite levarase a cabo a gran Queima dos Fornos. O martes cerran na Pontenova as orquestras POCEIRO e COMPOSTELA, que tamén actuaron ou actúan estes días en Lugo.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*