Océano e Olympus amenizan a I Festa da Xuventude de Zas

0
383

Orquesta Olympus - 2010 - 0014 - Parada (Ordes)Peke, cantante e responsable da orquestra Olympus de Negreira / © Foto: roxegar 2010

O grupo OCÉANO e a orquestra OLYMPUS serán os encargados de amenizar esta noite a I Festa da Xuventude de Zas, unha nova cita festeira que medirá hoxe o seu éxito de convocatoria para seguir celebrándose nos próximos anos.

A cita é no pavillón polideportivo de Baio, a localidade máis importante do concello, e a entrada son 5 euros que inclúen unha consumición.

O exitoso grupo OCÉANO e a grande orquestra OLYMPUS co seu espectáculo 2011 Aún más grande encherán posiblemente o multiusos de Baio esta noite de festa.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*