Da Compostela á Montes

0
489

Orquesta Compostela - 2010 - 001 - Arteixo

Anita Iglesias coa orquestra Compostela actuando nas festas de Arteixo esta temporada / © Foto: roxegar 2010

Anita Iglesias, unha das dúas cantantes da COMPOSTELA, é a nova fichaxe da orquestra MONTES de Narón. A cantante, que levaba varios anos na COMPOSTELA, é a nova voz da orquestra naronesa en substitución de Vanesa Ramil.

Cambio importante para Anita, de orquestra e mesmo de oficina; aínda que non tan rotundo como algúns afirman tendo en conta a viraxe que a COMPOSTELA foi tomando estas últimas temporadas. A formación musical quixo quitarse de enriba o sanbenito de “orquestra para vellos” coa modificación de parte do repertorio para abrirse a todos os estilos musicais. De feito comentábanos Anita este verán que “no segundo pase hai un cambio importante con música máis cañeira para contentar a todos os públicos”.

DSC_4250Anita Iglesias na orquestra Compostela actuando nas festas do barrio coruñés de San Pedro de Visma en 2009 / © Foto: roxegar 2009

Na COMPOSTELA a complicidade na dianteira era evidente e víase desde abaixo do palco. Anita, Patricia e Jonathan xunto co incombustible Tito Fuentes facían ao público cómplice e partícipe da verbena. A formación musical terá que contar agora cunha nova profesional no lugar de Anita. Será un dos poucos cambios na orquestra dado que esta se caracteriza pola estabilidade no cadro de músicos e cantantes.

De momento podemos confirmar que seguiremos gozando do bo facer de Ana Belén Iglesias “Anita” noutro escenario, o da MONTES.

Orquesta Compostela 2008 - Ana Iglesias

Anita Iglesias na orquestra Compostela actuando nas festas de Corrubedo (Ribeira) en 2008 / © Foto: roxegar 2008

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*