Ritmo, sabor e boa música

0
353

trio-musical-ritmo-y-sabor-2009-cartelTrío Musical Ritmo & Sabor de Gondomar

Aínda que este blog, desde o seu comezo hai cinco meses, se dedicou a publicitar as festas e verbenas de Galicia, e en especial as orquestras que amenizan as celebracións máis importantes da nosa terra, non podemos esquecer tampouco a todas esas formacións musicais, moito máis pequenas (dúos ou tríos na súa maioría), que amenizan celebracións familiares, de empresa, sesións vermú e ultimamente conquistaron tamén os campos da festa.

Hoxe falaremos do trío Musical RITMO & SABOR de Gondomar. Naceu o ano pasado na vila pontevedresa e desde aquela achega os seus sons de bachata, cumbia, merengues, pasodobles ou valses ás festas que contan co trío.

Os seus compoñentes, David, Eva e Emilio, non son novatos no mundo das formacións musicais; o primeiro ten experiencia en grupos e orquestras e os outros dous, en dúos e tríos. Ademais, o trío converteuse nalgunhas ocasións en cuarteto ou mesmo quinteto, dependendo da demanda.

En canto a equipo, Musical RITMO & SABOR leva 2000w de potencia, efectos luminosos, teclados e sintetizador, para ofrecer o máximo rendemento.

Musical RITMO & SABOR, un nome a ter en conta para as celebracións familiares, galas, ceas, festas de empresa e mesmo verbenas e celebracións populares.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*