Bótalle un bo polbo a ritmo de Olympus

0
626

Olympus 20071101 Record Guiness 277.JPG

Fotografía do Record Guiness da orquestra Olympus acadado en Negreira o 1 de novembro de 2007

VENRES 15: GRAN PULPADA, ACTUACIÓN DE OLYMPUS E SESIÓN DJ EN LARÍN (ARTEIXO)

A parroquia arteixá de Larín, moi coñecida porque nela se atopan as instalacións de Casas Novas e o campo de golf, celebra as súas festas con diferentes actos lúdicos. O máis salientable, unha gran pulpada no campo da festa seguida da actuación da grande orquestra OLYMPUS de Negreira.

A formación musical liderada por Peke Moreiras trae a Larín o seu novo espectáculo estreado hai uns días e que leva por título “El poder de la magia”. O inicio da actuación comeza cunha voz en off que narra a historia dun mago que saca dun baúl os músicos da orquestra que van saíndo un tras outro coma se dun xogo de maxia se tratase.

Pero coa verbena amenizada por OLYMPUS non remata a festa en Larín. A Comisión mantivo como sorpresa ata última hora outra actuación. A continuación da pulpada haberá unha sesión de música pinchada por un un DJ, polo que a festa está ben garantida en Arteixo.

Desde hai varias semanas vanse sucedendo as festas por diferentes parroquias do concello arteixán: Meicende (que celebra as súas festas xunto con Borroa e Nostián), a Festa da Rosca en Lañas, etc… As próximas serán as de Uxes e a celebración da Festa das Flores no núcleo urbano de Arteixo, as dúas na última fin de semana de maio.

Sen comentarios

  1. Hola, a verdade non sabia donde deixar o meu comentario e por iso te informo aqui porque supoño que o leeras. Era pa decirche que o dia 30 de maio en San Lazaro-Santiago ( ao lado do campo de futbol do Compos ) habera gran verbena amenizada por Ciclon e PANORAMAAAAAA. Asique nada pono no calendario e a disfrutar todos.

  2. Ola Judit.

    Xa sabía desa festa en San Lázaro pero pasóusenos incluíla no calendario. Todo o que saibas sobre datas de festas ten aquí cabida.

    Un saúdo!!!

Deixa unha resposta


*