Pistoletazo de saída da temporada festeira 2011

0
404

Metrópolis Band 2011 - grupo - cartelAínda que non rematou o ano 2010 no mundo verbeneiro xa estamos en 2011, ou polo menos esta fin de semana é a escollida para a volta ao traballo da maioría das orquestras. Algunhas das máis mediáticas comezan estes días a nova temporada: OLYMPUS ou PARÍS DE NOIA comezan na noite deste venres, igual que MARBELLA ou GRAN PARADA, entre outras moitas.

Mañá sábado tócalle á CHARLESTON BIG BAND de Padrón, pero non só son datas de volta ao traballo, senón tamén de presentacións de novas agrupacións musicais como METRÓPOLIS BAND, un grupo creado recentemente e no que estarán a maioría dos membros de LIMÓN 2010.

A nova temporada traerá moitas novidades verbeneiras, novas montaxes e espectáculos, actualización de repertorios e novas incorporacións. As primeiras xa están aquí: CHARLESTON trae a súa nova voz masculina, Raúl Paz, PARÍS DE NOIA as súas voces Vanesa Ramil e Sergio Corral, OLYMPUS as súas flamantes novas voces, en plural, Mar Gómez e Jessica Santín, a MARBELLA a nova cantante Noelia Solleiro ou COSTA OESTE, que tamén empeza nova temporada coa incorporación de Marta Valiño e volve á orquestra na que estivo de única vocalista durante 11 anos.

Pola súa banda o grupo LIMÓN volve ás súas raíces coa profunda renovación que se leva a cabo respecto do ano pasado. LIMÓN estará esta noite en Lariño (Carnota) xunto coa orquestra JERUSALÉN, que só ten un cambio nos instrumentistas.

Xa está aquí o 2011 verbeneiramente falando, aínda que o forte da temporada virá na primavera, agora tócalle ás festas e galas en discotecas e salas de festas.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*