Chegan os mouros á Saínza

0
394

Orquesta Olympus - 2010 - 0071 - RibeiraAs orquestras Olympus e Panorama cerran o domingo, despois da batalla de mouros e cristiáns, as festas da Saínza

Orquesta Panorama - 2010 - 0091 - Vilagarcía (Guillán)

A primeira foto, Olympus, a segunda, Panorama /© Fotografías: roxegar 2010

E seguimos en Ourense, porque no concello de Rairiz de Veiga tamén están de celebracións. Comeza hoxe a Romaría da Saínza, con tres días de festa con orquestras de renome e unha batalla entre mouros e cristiáns que no ano 2000 foi declarada Festa de Interese Turístico Galego pola Xunta.

As festas comezan hoxe coa actuación do grupo MASTER. Mañá as orquestras CINEMA e PHILADELPHIA farán o propio e xa o domingo, día grande, terá lugar a batalla entre mouros e cristiáns ás 13.00 horas.

En sesión de tarde, actuarán outras dúas grandes orquestras, das consideradas mellores de Galicia polo público: PANORAMA e OLYMPUS coinciden unha vez máis nunha festa á que está previsto que acudan ao redor de 40.000 persoas.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*