A Troita de Pontecaldelas: festa e ecoloxía

0
363

ponte-caldelas-2010-festa-da-troita-cartel

XLIV FESTA DA TROITA. PONTE CALDELAS, 29 E 30 DE MAIO

ABRE A PROGRAMACIÓN MUSICAL A ORQUESTRA TRÉBOL

Xa van alá máis de 40 anos desde a primeira Festa da Troita de Ponte Caldelas, pero a celebración mantense en primeira liña. E esta edición continuará coas importantes novidades que teñen que ver coa ecoloxía e que se puxeron en marcha na edición de 2009.

A principal novidade desde o ano pasado é que na exaltación da troita se utilizará unha “vaixela compostable”, fabricada con pulpa de celulosa natural da cana de azucre. Os panos e manteis serán de papel reciclado e todos os utensilios irán en bolsas de tea reutilizables.

No campo da festa haberá puntos limpos móbiles e todos os residuos xerados serán convertidos en compost que poderá ser utilizado en parques e xardíns como fertilizante. A iluminación para as festas será de baixo consumo.

Todo un alegato ecolóxico para coidar o medio natural na celebración dunha das festas gastronómicas máis antigas da provincia e declarada de Interese Turístico Galego.

E no apartado musical, antes da xornada dedicada á música tradicional, co Festival folclórico (o domingo), música de verbena coa orquestra TRÉBOL de Ferrol, que traerá novo escenario e cambios no repertorio .

ponte-caldelas-2010-festa-da-troita-programa

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*