Orquestra Palladium 2010: a nova imaxe

0
340

orquesta-palladium-2010-cartelCartel para a temporada 2010 da orquestra Palladium de Vilalonga (Sanxenxo)

Da orquestra Suavecito de Espectáculos Lito xa non queda nin rastro. O paso ao novo nome fíxose en tempo récord e o cartel xa está na rúa. Como podemos apreciar, trátase da mesma montaxe que no de 2009 coa anterior denominación pero incluíndo a nova rotulación, o novo nome e mantendo practicamente os mesmos tons de cores e o estilo para romper o menos posible coa imaxe da orquestra.

Tamén o tráiler, a furgoneta e as lonas do escenario están rotulados co novo nome: PALLADIUM. Pero tampouco deixa de ser máis que un simple cambio de nome; a orquestra segue a ser a mesma, se acaso reforzada en ganas e ideas para consolidar o novo nome dunha formación que desde o ano pasado está a recibir moi boas críticas polo espectáculo que ofrece.

Desde Festa a Festa queremos desexarlles aos compoñentes de PALLADIUM moita sorte nesta nova andaina e que o traballo ofrecido se vexa recompensado.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*