Tres noites verbeneiras en Neda

0
452

París de Noia - 2010 - 00046 - Aguiño (Ribeira)A orquestra París de Noia actúa mañá xoves xunto coa Montes en Neda / © foto: roxegar 2010

En Ferrolterra seguen de festas. Desta volta tócalles aos veciños de Neda. Tres días de festa rachada con moita música de baile. Esta noite abren as celebracións de Santa María as orquestras FANIA BLANCO SHOW e XENTE NOVA. Mañá tócalles á MONTES, que actúan case que na casa despois de abrir as Peras en Pontedeume, e a PARÍS DE NOIA.

Para o último día das festas, e malia que nos carteis anunciadores non vén, será o grupo ALKAR de Portonovo o encargado de cerrar as celebracións. Pouco a pouco fomos chegando a unha das últimas festas da comarca. O verán vaise acabando e con el as verbenas, polo que é unha boa oportunidade de dar os últimos bailes.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*