Nace un novo proxecto musical: Los Cacikes

0
337

los-cacikes-2010-cartelLos Cacikes, nova banda musical que ofrecerá pop e rock dos anos 70 e 80.

Sempre é agradable presentar novos grupos musicais que veñen a sumarse á oferta actual. Tampouco descubrimos nada cando dicimos que moitos dos músicos e vocalistas das nosas orquestras e grupos verbeneiros acaban compaxinando o traballo na orquestra con outras aventuras musicais un pouco diferentes da primeira e onde poden demostrar o seu bo facer noutro tipo de bandas e, sobre todo, con repertorios máis achegados ao gusto persoal.

Moitos dos músicos de formacións máis folk, rock ou pop pasaron nalgunha etapa da súa vida por orquestras. É o que diremos dentro duns anos dos compoñentes de LOS CACIKES, a maioría deles procedentes do grupo ALCOTÁN.

Nace, polo tanto, unha nova formación musical que tratará de ofrecer un repertorio baseado no rock e pop dos 70 e 80. Os cinco compoñentes de LOS CACIKES proceden doutras formacións musicais. É o caso de Fran Vázquez, voz e figura carismática de ALCOTÁN, que xa viña da formación anterior ao grupo, BRUMA, e os músicos José Miguel (baixo) e Fran Sino (teclista), procedentes do mesmo grupo, Manu Nash (batería) que vén de LA BANDA DE NASH) e Rubén de Lis (guitarrista) do que informábamos o ano pasado da súa saída da orquestra TANGO para comezar unha aventura en solitario.

A estrea da nova formación musical terá lugar mañá venres en Vigo, concretamente na sala El Ensanche ás 23:00 horas. Dentro do repertorio poderemos escoitar arranxos de temas de Antonio Flores, Radio Futura ou Maná, sen esquecernos doutros estilos un pouco máis duros como Scorpions, Whitesnake ou os mesmos Guns & Roses entre outros.

A formación musical ten conta en Facebook para poder seguir o seu calendario de actuacións e todo tipo de información sobre a flamante nova banda.

A saída de Fran Vázquez do grupo ALCOTÁN propicia que o carismático cantante pase a formar parte dunha nova formación musical á marxe dos palcos de festa, aínda que tampouco está desbotado que o artista poida simultanear o novo grupo co traballo noutra formación máis verbeneira.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*