Aché: presentación discográfica por todo o alto

0
446

Festeir@s - 2010- 00071 - Parada (Ordes)A orquestra Aché en Parada, Ordes, o día da estrea do novo escenario /© Fotografía: roxegar 2010

ACHÉ está que corta coa pana. O traballo inxente dos compoñentes da orquestra de Vilanova de Arousa por colocala en postos destacados dentro do mundo das orquestras está dando os seus froitos: novo repertorio, nova páxina web actualizada, estrea de escenario, continuas actividades promocionais… e agora o CD e mais o vídeoclip.

E non será unha presentación de calquera xeito; non, nin moito menos. Pensando nos seguidores da orquestra, que cada día son máis, ACHÉ ofrece unha presentación do seu CD Celebra la vida como as grandes estrelas da música; cunha actuación en directo onde interpretarán os temas ante aqueles que se queiran achegar mañá día 29 á sala Chanteclair de Valga. Alí tamén se proxectará o vídeo que fora gravado hai uns meses en Cambados en compañía de amigos compoñentes doutras formacións musicais.

E tamén haberá sesión de fotos cos fans, entre outras cousas. A entrada é gratuíta para os seguidores con carné ou apuntados aínda que non lles chegase. Será unha noite de grandes sorpresas e, desde logo, diferente ás demais.

ACHÉ significa sorte, e moito aché lle desexamos á orquestra, aínda que todo o que están consegindo non é máis que froito do traballo constante e a recompensa merecida, a calor e o recoñecemento do público, están máis que gañados.

Agora podes celebrar a vida con ACHÉ co traballo discográfico con 10 temas de todos os estilos, que será presentado nunhas horas por todos os compoñentes da orquestra nunha actuación moi especial.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*