A orquestra Olympus tiña previsto actuar hoxe en Santa Comba xunto con París de Noia, Cinema e Galilea / © Foto: roxegar 2010
A macroverbena que estaba prevista hoxe en Santa Comba e na que ían actuar catro das mellores orquestras de Galicia queda suspendida e non poderá levarse a cabo.
Catro orquestras estaban contratadas hoxe para celebrar unha macrofesta no concello da comarca do Xallas: OLYMPUS, PARÍS DE NOIA, GALILEA e CINEMA. Finalmente este encontro verbeneiro non se levará a cabo por falta de documentación necesaria.
Segundo informa o alcalde da localidade á páxina dixital Anosacosta.com, o Concello non pode permitir a celebración da macroverbena xa que carece dos permisos necesarios doutras administracións. O edil engade que “non se pode celebrar o espectáculo e non lle podemos dar a autorización”. Para Miguel Pérez Fernández este sería o motivo da suspensión da cita festeira coñecida como “Festival Tuenti-Facebook Galego”.
A cancelación do evento está a provocar certo malestar por facerse efectiva o mesmo día en que tería lugar a festa e a poucas horas da súa celebración. Hoxe en Santa Comba NON haberá verbena.