Culleredo celebra o patrón entre panxoliñas

0
357

Aché 2011 - orquesta - cartelA orquestra Aché actúa esta noite nas festas patronais de Culleredo

A localidade coruñesa de Culleredo celebra hoxe o seu patrón, santo Estevo. Como cada ano, unha verbena poñerá o colofón a unha xornada festiva caracterizada polas compras de Nadal e as panxoliñas. Os amigos da orquestra ACHÉ son os encargados de poñer a música nesta edición 2010.

En Culleredo as festas son moi importantes e teñen sona en toda a comarca. Aínda que hoxe se celebra o patrón, as festas máis concorridas teñen lugar no verán: as de Vilaboa en xullo, as do Burgo na semana do 24 coincidindo co patrón da localidade, Santiago Apóstolo, e as do verán na capital do concello, Culleredo, a principios de setembro.

Non está mal ter unha xornada festiva fóra do circuíto verbeneiro do verán, para non perder o costume do baile ata dentro duns meses.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*