Panorama abre o Xacobeo 2010 no Obradoiro

0
440

Orquesta Panorama 2009 0081 - FolgosoActuación da orquestra Panorama durante este verán 2009 / Foto: roxegar

A xira da orquestra PANORAMA chega á súa fin. Derradeira actuación de 2009 para unha das orquestras máis demandadas de Galicia e tamén final para cinco dos seus compoñentes.

A orquestra PANORAMA será a encargada de abrir o Ano Santo 2010 na praza do Obradoiro no que será a primeira actuación oficial do Xacobeo. Minutos despois das uvas o escenario da formación musical acenderase por última vez na temporada 2009 para despedirse ata o mes de marzo. Que paradoxo, a última actuación da orquestra é a primeira que marcará o Xacobeo por toda Galicia cunha programación musical que non deixará de lado as formacións musicais galegas.

A apertura da Porta Santa na tarde do 31 dará paso de madrugada á retransmisión desde a Praza do Obradoiro para toda España das Campanadas de Fin de Ano, co gallo do Xacobeo 2010.

Xusto despois das uvas unha gran sesión pirotécnica desde as prazas da Quintana e Praterías poñeralle cor a unha noite de festa, que proseguirá coa actuación de PANORAMA.

El gran musical cerrará hoxe máis de 200 noites de actuacións para dar paso en marzo á nova xira Panorama 2010, a xira do Xacobeo con novos espectáculos, repertorio e caras novas. Unha nova etapa na historia da orquestra que se escribirá durante aproximadamente 220 citas festeiras ata decembro. En 12 meses estaremos cerrando de novo un ano máis… o tempo corre demasiado rápido.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*