XIX Festa do Polbo de Mugardos

0
447

mugardos-xix-festa-do-polbo-imaxe

Imaxe tirada do cartel da XIX Festa do Polbo de Mugardos

A vila de Mugardos celebra hoxe unha nova edición da súa tradicional Festa do Polbo que cada ano convence a un gran número de visitantes que chegan atraídos polos encantos desta vila e tamén pola delicia culinaria que supón o polbo á mugardesa que é a preparación raíña nesta celebración.

Gastronomía e música van da man nunha festa que o ano próximo cumprirá a vintena. Para a degustación, materia prima de primeira cociñada á mugardesa ou tamén en empanada. Para o baile a colaboración dunha orquestra ferrolana con cerne e sona: LOS PLAYERS.

Está previsto que se repartan máis de 3000 racións de pobo a nove euros cada unha, que inclúen o prezo do prato e mais da cunca de barro, pan e viño. Cociñaranse máis de 1200 quilos de polbo.

A Festa do Polbo está organizada polo Concello de Mugardos e tamén participan activamente colaborando en todo momento na preparación da festa o Casino Mugardés, a Sociedade Recreativa e Cultural de San Xoán de Piñeiro, a Asociación Cultural Rondalla Mugardesa, o Club do Mar de Mugardos e o Club Galicia de Mugardos.

PROGRAMA

Sábado 11 de Xullo de 2009

Lugar: Parque da Constitución

A partir das 12.00 horas degustación de polbo cociñado “á mugardesa”.
Actuación da Banda de Gaitas do Concello de Narón.
Venta de tickets a partir das 11.30 horas, ata agotar existencias.
Verbena popular: A partir das 23.00 horas, coa orquestra: Los Players.

los-players-2009-cartelCartel da orquestra ferrolá Los Player´s 2009

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*