O Festival de Pardiñas cumpre 30 anos

0
189

guitiriz-festival-de-pardinas-2009-cartel1FESTIVAL DE PARDIÑAS 2009 (GUITIRIZ -LUGO). 1 E 2 DE AGOSTO

Como cada primeira fin de semana, e coincidindo coa cita de Zas, en Guitiriz ponse en marcha unha nova edición do seu famosísimo FESTIVAL DE PARDIÑAS. Unha oportunidade de ver o mellor folk galego e de fóra das nosas fronteiras.

O Festival de Pardiñas xa cumpre 30 anos, e para celebrar o aniversario cóntase cunha variedade de grupos folk de gran calidade entre os que destacan agrupacións de Galicia, Holanda, Euskadi, Suecia e Francia.

Diferenciándose da Carballeira de Zas, a festa de Pardiñas consta de dúas xornadas que se completan con outras actividades á parte da música. O domingo moitas familias e grupos acoden a xantar para aproveitar máis aínda o día festivo. A festa folk de Pardiñas pode servir para despedir as vacacións os que comezan a traballar o luns e tamén pode ser a primeira cita festeira para os que as empezan agora.

SÁBADO 1

MUYAYOS DE RAÏZ HOLANDA/EUSKADI
LA BELLE IMAGE FANFARE FRANCIA
HEDNINGARNA SUECIA
BANDA POTEMKIN GALIZA

DOMINGO 2

BLOQUINHO DA SALGUEIRA GALIZA
LÚA DE FOUCE GALIZA
PEPE VAAMONDE GRUPO GALIZA
PAN DE CAPAZO nómades

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*