A comarca do Barbanza ofrece estes días moitas festas; desde Ribeira ata Rianxo poderemos gozar de propostas festeiras únicas e orixinais, como a Festa da Dorna na capital da comarca (Ribeira), e festas do Carme que teñen lugar en diferentes puntos da comarca como Aguiño (Ribeira; A Pobra do Caramiñal [Carme do Castelo], Cabo da Cruz (Boiro) e na praza Castelao de Rianxo.

Festa_a_Festa_2016_-_Festas_do_Carme_en_Barbanza

A proposta festeira en Ribeira é única pola súa orixinalidade. Na Festa da Dorna poderemos gozar do Gran Prix de Carrilanas (este domingo), diversos concertos, o maratonaso e un longo etcétera. No resto de festas, dominan as orquestras, como CHARLESTON BIG BAND, PONTEVEDRA ou FANIA en Aguiño, ESSENCIA , JERUSALÉN ou MARBELLA en Cabo da Cruz e SOLARA, TROVADORES ou GRAN ATLANTA, entre outras, en terras rianxeiras.

Tamén se celebra o Carme do Castelo na Pobra do Caramiñal, para completar o calendario festeiro do Carme no Barbanza.

Sen comentarios

Deixa unha resposta


*