Un incendio nun tráiler de Panorama fai cortar o tráfico na autoestrada de Santiago

0
425

DSC_9734Ao fondo un dos dous tráilers que levan o material da orquestra Panorama

Noticia fatal que nunca querería ter lido nos xornais hai escasos dez minutos. A nova xa está nos periódicos galegos na páxina de internet aínda que hai poucos datos. Un tráiler da orquestra PANORAMA, non sabemos se o escenario móbil ou un dos outros dous que levan o material, incendiouse na autoestrada AP-9 e causou o corte de tráfico nos dous carrís. Os coches están sendo desviados por San Lázaro e os bombeiros teñen serios problemas para controlar as chamas. Parece que a columna de fume é visible desde moitos puntos o que dá unha idea da magnitude do incendio.

O máis importante, a maioría dos medios de comunicación din que non hai feridos e só un xornal (El Correo Gallego) fala dun ferido leve. As causas descoñécense polo momento aínda que La Opinión de A Coruña informa dun aparatoso accidente previo ao incendio e a Radio Galega fala de que o tráiler previamente volcara. Segundo a foto que se pode ver en Internet ningunha das dúas parece a causa. Seguiremos informando desta malísima noticia que vai dificultar a Xira do Xacobeo que a orquestra PANORAMA leva a cabo ata fin de ano.

ACTUALIZACIÓN 20:30

O incendio que afectou a un dos tráilers da orquestra PANORAMA, concretamente o do escenario, xa foi sufocado e o tráfico na autoestrada AP-9 á altura de Santiago, xa está restablecido.

O responsable da orquestra e un dos cantantes, Lito Garrido, confirmou que o escenario quedou inservible e que as perdas se elevan a máis de 600.000 €, pero a pesar de todo a orquestra intentará cumprir cos seus compromisos incluído o de hoxe, nas festas de San Ramón en Guísamo (Bergondo).

ACTUALIZACIÓN 21:45

O técnico de PANORAMA, Luis Parada, fai declaracións á axencia EFE. Parece que se garante a actuación esta noite en Guísamo:

“En declaraciones a Efe, el jefe técnico de la orquesta Panorama, Luis Parada, apuntó como posible causa del fuego a una “zapata de los frenos” que se incendió, lo que derivó en daños sobre el escenario -de madera- y material eléctrico.

Parada explicó que no hay “nada recuperable” dentro del camión y calculó daños materiales por valor de más de 700.000 euros, de los que 400.000 euros corresponden al escenario, ahora “inservible”.

Con todo, aseguró que la actuación de esta noche en Bergondo “está garantizada”, pues los miembros de la orquesta habilitarán el mismo escenario que se utilizó el pasado fin de semana durante el Festival de Orquestras de Galicia (FIOU)”. EFE

Sen comentarios

  1. Como fan da orquesta quero dar os meus animos a todos os compoñentes porque coma quen di todo o espectaculo e traballo dun ano se foi o traste. Desde aqui decir que os seguiremos apoiando porque para min seguiran sendo panorama encima dun palco de 18 metros ou dun de cemento. ANIMO

Deixa unha resposta


*