Unha das romarías máis tradicionais de Zas

0
568

zas-mira-san-roque-do-monte-cartel

Mañá sábado é día de festa no concello de Zas. Concretamente San Roque, celebración que se cambiou este ano a sábado para congregar a maior número de romeiros. As merendas e mais a música serán protagonistas ao redor da capela de San Roque, en Mira.

A de San Roque do Monte é unha das romarías máis tradicionais de Zas, quizais xunto á Santa de Muíño, que se celebra nesa parroquia polo 26 de xullo, día de Santa Ana. Agora tócalle ao San Roque coa música das formacións musicais FIN DE SIGLO e IRIS.

Sen comentarios

  1. Ola Roxegar que tal levas o final do veran jejeje. Viña aqui facerche unha proposta e é que a Costa Oeste esta sonando como unha das orquestras revolucion deste ano e case non hai nada gravado deles co seu novo especaculo, asque haber cando nos sorprendes, ademais os panoramistas temos moi bos amigos shi polo menos eu. Un saludiño

    • Ola Judit. É un pracer falar contigo de cando en vez. Pois a COSTA OESTE vina a principios de temporada e agora quería volver a vela porque houbo cambios no repertorio, teñen escenario novo e sempre é unha orquestra que me gusta moito cada vez que a vexo. Este mes que entra farei por ir vela e gravarei algún vídeo. Saúdos e moitas grazas por estar aí. :))))

Deixa una resposta a Judit Cancelar resposta


*